Anuncio

Colapsar
No hay anuncio todavía.

San Kanuto 2016 en Compostela

Colapsar
X
 
  • Filtrar
  • Tiempo
  • Mostrar
Limpiar Todo
nuevos mensajes

  • San Kanuto 2016 en Compostela

    12471759_1052292284822097_6039789155180868102_o.jpg
    O vindeiro 19 de xaneiro os antiprohibicionistas xuntarémonos de novo en Compostela nunha xornada cargada de actividades e reivindicacións:

    O programa para este San Kanuto 2016:

    No CSA do Sar:

    16:30 – Obradoiro de extracción de resina

    18:00 – Chocolatada con MaisLume Kolektive & Friends e Campionatos de Porroflexia e Porrorrápido

    Pasarrúas Antiprohibicionista co Bloco da Escola Prucupá:

    19:30 – Manifestación con saída no CSA do Sar e chegada na Plaza do Toural

    No CSOA Escárnio e Maldizer:

    22:30 – Sound Kanuto con:

    Seperman
    Crespo
    MaisLume Kolektive
    Rendi Nue con Dj Webo
    Alen do Dub

    Toda a info en: https://xuntanzaantiprohibicionista.wordpress.com/




    DROGAS CEIVES!! NIN MULTAS NIN PRISIÓN

    Ben lonxe de acadar un mundo libre de drogas, a prohibición o único que acadou foi a maior dispoñibilidade histórica de sustancias psicoactivas.


    A prohibición ademais foi a responsable da aparición dos grandes grupos criminais financiados principalmente cos beneficios do tráfico de drogas que instauraron a violencia e a corrupción nos lugares de produción e distribución, sendo realmente as persoas máis desfavorecidas as vítimas tanto desta violencia como da grande cantidade de recursos destinados á persecución e represión.


    Acaso non sería mellor cambiar de estratexia e destinar estes recursos á información, educación e saúde?


    Como alternativa ao mercado negro e, polo tanto, ao financiamento destes grupos criminais naceron os Clubs de Consumidores onde a produción e a distribución está na man dos propios usuarios. Pero neste último ano tres resolucións políticas do Tribunal Supremo pretenden acabar con este modelo, condenando a responsables de distintas asociacións.



    Mentres, novos e vellos partidos políticos atoparon na legalización do cannabis un atractivo punto para establecer no seu programa electoral. Aínda que pode interpretarse coma un avance, fálase unicamente desta sustancia, xa aceptada socialmente, e que gracias ao autocultivo e pola súa inocuidade non causa tantos problemas coma outras sustancias tamén perseguidas, polo que máis que fins de Saúde Pública parece que son máis ben os fins electorais o que move a este partidos pro-legalización.


    Os avances chegarán cando se fale da prohibición globalmente e non de determinadas sustancias en determinados lugares, xa que é a prohibición o que causa os verdadeiros danos, non unha ou outra sustancia.


    E aínda que seguiremos reivindicando cambios en materia de drogas con un claro carácter festivo, comezamos a estar cansos que as nosas reivindicacións non sexan tomadas coa seriedade que se precisa ao falar de asasinatos, escravitude, cárcere e liberdade individual.


    Por todo isto este 19 de xaneiro berraremos máis forte que nunca:


    DROGAS CEIVES!!

    NON Á PROHIBICIÓN!!

    Manifestación Antiprohibicionista: 19 de xaneiro ás 19:30h dende o CSA do Sar

    Archivos Adjuntos
Trabajando...
X